martes, 1 de mayo de 2007

Clube Deportivo Bádminton Outes

Aquí temos a Olaya, Abraham, Michi, Alex, Jonathan, Javi, David, Lore, Iván, Alfonso, Fran, Paula Fornís, Jessy, Carlos, Simón, Brais, Sara, Marta Salas, Marta Rodríguez, Laura e Paula López. Eles veñen de acadar uns excelentes resultados no Campionato Provincial Escolar celebrado o pasado sábado en Monfero.










O equipo benxamín formado por Simón, Brais, Paula López, Marta Rodríguez e Laura quedou subcampión provincial ó perder na final por un apretado 3-2 coas Escolas Deportivas Municipais de Cedeira. Laura Caamaño tivo nas súas mans a posiblidade de darlle ó título ó noso clube pero fixo mella nela o cansancio de xogar en tres categorías, cedendo así en tres sets ante o número un de Cedeira.





Paula López, Laura Caamaño, Brais Romero, Marta Rodríguez e Simón Mato; EQUIPO BENXAMÍN








Por outro lado, o equipo Alevín femenino, logrou un meritorio terceiro posto. O equipo formado por Marta Salas, Marta Rodríguez, Sara Mato, Paula López e Laura Caamaño logrou acceder ó terceiro posto logo de perder en semifinais co equipo á postre campión provincial.








O equipo infantil masculino acudeu a esta cita con importantes baixas e afrontando un moi dificil cadro, posto que no camiño á final debería encontrarse co principal favorito as EDM de Cedeira. O terceiro posto foi un éxito.




EQUIPO INFANTIL MASCULINO: CARLOS NINE, JONATHAN RÚA, ABRAHAM CAAMAÑO, ALEX SILVA E JAVIER PÉREZ

Que decir dos dous equipos Cadetes. Tanto elas como eles, campións provinciales gañando todos e cada un dos partidos disputados. As nosas chicas pasaron un pouco mais de apuros no partido de semifinais contra o Clube do Mar de A Coruña, mais todo acabou con final feliz e victoria por 3-2. A final disputada ante o equipo de Lambre-Mandeo non tivo color e o marcador reflexou un 5-0 que da fe da superioridade das nosas. Laura Caamaño, Lore Suárez, Olaya Montes, Jessy Mourís e Paula Fornís; componentes do equipo que sufría a baixa de Inés Fornís.

Pola súa parte o equipo masculino non tivo ningún tipo de complicacións e son actualmente o equipo a batir no próximo campionato galego da especialidade. Arrasaron tódolos seus partidos sin dar opción ós seus rivales. Iván Fornís, Francisco Nine, Alfonso e David Mayo e Miguel Alborés forón os artífices da victoria.

No hay comentarios.: